Logo Aseia Aseia Galicia - Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia

Proxectos


Actividades 2017

"A MIRADA DO OUTRO"


    Durante el primer trimestre del curso 2017/2018 ASEIA (Asociación para a Saúde emocional na Infancia e a Adolescencia), con la colaboración de la Diputación provincial de Ourense puso en marcha el programa "A Mirada do Outro" de Prevención del Acoso Escolar, trabajando con 114 niños/niñas.

    "A Mirada do Outro" está dirigido a niñas y niños del último ciclo de educación primaria, con el objetivo de favorecer el desarrollo de capacidades individuales y grupales que minimicen el riesgo de aparición de conductas de acoso o maltrato entre iguales. En concreto el programa se centra en el desarrollo de la empatía a través de procesos en los que el grupo de niñas y niños aprenden a sentir lo que les pasa y expresarlo, pero también a percibir lo que le pasa a su compañero y escucharlo. Se fomenta también el respeto a la diferencia y se estimula el interés por la diversidad.

    Las preocupaciones que han manifestado los niños y niñas de 5º y 6º año de Primaria de la Provincia de Ourense han sido diferentes. Los mayores se han mostrado más preocupados por la posibilidad de sufrir acoso en el instituto, centrando su atención en el duelo infantil y en el deseo de buscar puntos de equilibrio entre ellos/as como rito de paso al instituto. Los más pequeños se centran en la diferencia, tienen como punto de partida los cambios que se avecinan en relación a su ciclo vital. Fue de interés evidenciar como han expresado el deseo que contar con espacios de diálogo y reflexión para poder resolver los conflictos, compartir sus miedos y resolver sus dudas.

    El programa desarrollado por profesionales de la psicología y la educación social con años de experiencia en el trabajo con jóvenes retomará el trabajo en los colegios de la provincia de Ourense con el objetivo de continuar sensibilizando sobre dicha problemática.

Actividades 2016

"PROGRAMA CONVIVE"

    Programa para a prevención de problemas de convivencia en familias con fillos/as adolescentes. A familia non é simplemente a suma de características individuais, senón a constitución dun sistema de relacións específicas entre os seus membros. Se falamos de familias con fillos e fillas en idade adolescente aparecen as dúbidas, as inquedanzas ante os cambios que se achegan. Educar é cada día mais difícil, vivimos nunha sociedade na que se non se verbalizan os conflitos e dificultades, pensamos que non existen. E neste marco chegan as relacións familiares durante a adolescencia, etapa na que se cambiarán os patróns de relación, polo que poderán aparecer desequilibrios na estrutura familiar e unha maior conflitividade. Dende ASEIA, queremos traballar na prevención daquelas problemáticas que se poden dar ao interior das familias con fillos e fillas adolescentes, para o cal presentamos o Programa CONVIVE, no que se traballa na prevención da aparición ou desenvolvemento de dinámicas familiares disfuncionais, creando un espazo para o encontro e a posta en común, tanto para nais, pais e/ou titores legais, como para os seus fillos/as adolescentes. Para máis información podes poñerte en contacto connosco a través do teléfono 633 253 023 ou e-mail aseia.convive@gmail.com

"PROGRAMA ALENTO"

    O "Programa ALENTO" de Atención de Dia para Menores en situación de Exclusión Social, que desenvolve ASEIA, recibiu o apoio novamente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través das subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inslucións social, cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemente Rexional (2014-2020), e así como tamén da Área de Benestar do Concello de Ourense a través da súa Convocatoria de Subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de Benestar Social do Concello de Ourense. Estes apoios insitucionais permiten a conitnuidade do programa no noso territorio. Este programa está dirixido a adolescentes que se atopan en situación de exclusión social e necesitan dun contexto no que recibir apoio e intervención profesional por parte de especialistas, de Acompañamento Educativo – Terapéutico, de Inserción Socio-Laboral, de Psicoterapia Individual, Grupal e Apoio Familiar, e de Mediación e Xestión de Conflitos. Trátase dun proxecto que pretende favorecer a transición entre a adolescencia e a vida adulta, dotando aos/ás adolescentes en situación de exclusión social, de recursos para xestionar a súa vida, a través dunha intervención especializada que ten en conta as súas necesidades reais como suxeitos dunha biografía problematizada, e como cidadáns/ás con aspiracións e dereito a un proceso de inclusión normalizador.

Actividades 2015

"PROGRAMA ALENTO"

    O "Programa ALENTO" de Atención de Dia para Menores en situación de Exclusión Social, que desenvolve ASEIA, recibiu o apoio da Área de Benestar do Concello de Ourense a través da súa Convocatoria de Subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de Benestar Social do Concello de Ourense.
    Este programa está dirixido a adolescentes que se atopan en situación de exclusión social e necesitan dun contexto no que recibir apoio e intervención profesional por parte de especialistas, de Acompañamento Educativo – Terapéutico, de Inserción Socio-Laboral, de Psicoterapia Individual, Grupal e Apoio Familiar, e de Mediación e Xestión de Conflitos.
    Trátase dun proxecto que pretende favorecer a transición entre a adolescencia e a vida adulta, dotando aos/ás adolescentes en situación de exclusión social, de recursos para xestionar a súa vida, a través dunha intervención especializada que ten en conta as súas necesidades reais como suxeitos dunha biografía problematizada, e como cidadáns/ás con aspiracións e dereito a un proceso de inclusión normalizador.
    O apoio da área de Benestar do Concello de Ourense supón a continuidade do programa ALENTO no noso territorio.

Actividades 2014

"PROGRAMA ALENTO"

    O "Programa ALENTO" de Atención de Dia para Menores en situación de Exclusión Social, que desenvolve ASEIA, recibiu o apoio da Dirección Xeral de Familia e Inclusión da Xunta de Galicia a través da súa Convocatoria de Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social.

    Este programa está dirixido a adolescentes que se atopan en situación de exclusión social e necesitan dun contexto no que recibir apoio e intervención profesional por parte de especialistas, de Acompañamento Educativo – Terapéutico, de Inserción Socio-Laboral, de Psicoterapia Individual, Grupal e Apoio Familiar, e de Mediación e Xestión de Conflitos.

    Trátase dun proxecto que pretende favorecer a transición entre a adolescencia e a vida adulta, dotando aos/ás adolescentes en situación de exclusión social, de recursos para xestionar a súa vida, a través dunha intervención especializada que ten en conta as súas necesidades reais como suxeitos dunha biografía problematizada, e como cidadáns/ás con aspiracións e dereito a un proceso de inclusión normalizador.

    O apoio da Dirección Xeral de Familia e Inclusión supón un importante impulso para este apaixonante proxecto de ASEIA.

"ADOLESCENCIA POSITIVA : UNHA CUESTIÓN FAMILIAR"

PARTE II: ACTIVIDADES CON ADOLESCENTES

ASEIA, a través do programa "ADOLESCENCIA POSITIVA: UNHA CUESTIÓN FAMILIAR. Encontros formativos con Adolescentes ", ofrece a adolescentes que cursan estudios en secundaria, un espazo próximo onde poder formular e xestionar as dificultades, motivacións e intereses arredor do seu propio proceso de desenvolvemento,  de construción da súa identidade e de relación cos seus iguais, as súas familias e o seu entorno.

Este proxecto está financiado pola Deputación de Ourense a través do seu programa de subvencións para entidades prestadoras de servizos sociais.

ACCIÓNS FORMATIVAS

O programa "ADOLESCENCIA POSITIVA: UNHA CUESTIÓN FAMILIAR. Encontros formativos para Adolescentes" consta de tres accións formativas:

  • A importancia da educación afectivo sexual no desenvolvemento dunha identidade saudable (identidade real/identidade virtual e os novos tipos de relacións).
  • Condutas aditivas: Vellos medos e novas formas (as redes sociais).
  • Prevención da violencia e as súas manifestacións (ciberbullying, acoso virtual, sexting, etc.).

OBXECTIVOS

  • Promover o desenvolvemento das competencias precisas, para unha evolución saudable do adolescente.
  • Dotar ós adolescentes de coñecementos e ferramentas básicas que lles permitan abordar a súas relacións cunha maior seguridade.
  • Xerar espazos de encontro e confianza onde os adolescentes podan compartir e reflexionar en común sobre as súas experiencias, inquedanzas e intereses.
  • Informar ós adolescentes sobre temas de actualidade (novas tecnoloxías, condutas aditivas, prevención da violencia, sexualidade …), favorecendo o achegamento a vías de formación e información de calidade.

 

Actividades 2013

"ADOLESCENCIA POSITIVA : UNHA CUESTIÓN FAMILIAR"

PARTE I: ACTIVIDADES CON PAIS E NAIS

ASEIA, a través do programa "ADOLESCENCIA POSITIVA: UNHA CUESTIÓN FAMILIAR" ofrece ás nais e pais de pre-adolescentes e adolescentes que cursan estudios nos dous últimos anos de primaria ou en secundaria, un espazo próximo onde poder formular e xestionar as dificultades, motivacións e intereses arredor do seu proxecto de construción de familia e da relación cos seus fillos.

Este proxecto está financiado pola Deputación de Ourense a través do seu programa de subvencións para entidades prestadoras de servizos sociais.

ACCIÓNS FORMATIVAS

O programa "ADOLESCENCIA POSITIVA: UNHA CUESTIÓN FAMILIAR. Encontros formativos para Nais e Pais de Pre-Adolescentes e Adolescentes" consta de catro accións formativas:

  • A influencia das novas tecnoloxías no desenvolvemento da infancia e a adolescencia, e a súa influencia nas relación familiares.
  • Condutas aditivas: Vellos medos e novas formas
  • A importancia da educación afectivo sexual no desenvolvemento dunha identidade saudable.
  • Prevención da violencia e as súas manifestacións: Bullyng, Violencia de Xénero, Violencia Filio-Parental

OBXECTIVOS

  • Promover o desenvolvemento das competencias parentais, para unha evolución saudable da familia e dos seus membros.
  • Dotar as familias de coñecementos e ferramentas básicas que lles permitan abordar o desenvolvemento dos fillos con maior seguridade.
  • Xerar espazos de encontro e confianza onde os país podan compartir e reflexionar en común sobre as súas experiencias, inquedanzas e intereses na vivencia parental.
  • Informar ós país sobre temas de actualidade nas relacións familiares onde hai nenos e adolescentes (novas tecnoloxías, condutas aditivas, sexualidade,prevención da violencia, …), favorecendo o achegamento a vías de formación e información de calidade.